O Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán Abal, presidiu na noite do venres 12 de xuño a Gala de Fútbol de Ferrolterra - Premios Voltaaría que congregou a preto de 1.000 persoas no magnífico auditorio do Pazo da Cultura de Narón. A FGF tamén estivo representada polo Directivo Pablo Prieto, o Secretario Xeral, Diego Batalla, e o Delegado en Ferrol, Manuel Mesa, máximo responsable da organización do acto xunto a Xan Morales, director do portal web deportivo de Ferrolterra Voltaaría.