Gala do fútbol de Ferrolterra

O Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán Abal, presidiu na noite do venres 12 de xuño a Gala de Fútbol de Ferrolterra - Premios Voltaaría que congregou a preto de 1.000 persoas no magnífico auditorio do Pazo da Cultura de Narón. A FGF tamén estivo representada polo Directivo Pablo Prieto, o Secretario Xeral, Diego Batalla, e o Delegado en Ferrol, Manuel Mesa, máximo responsable da organización do acto xunto a Xan Morales, director do portal web deportivo de Ferrolterra Voltaaría.

A SDC Galicia de Mugardos recibeu o premio ó mellor club de Ferrolterra, a directiva do Galicia quere agradecer a tódolos clubs de Ferrolterra o galardón recibido nunha temporada tan especial para nós  e noraboa a tódolos premiados e nominados. Moitas gracias!!!.

Máis información nos seguintes enlaces:

Páxina da FGF

Voltaaría

Galería fotográfica de voltaaría