A Real Federación Galega de Fútbol fixo pública, o pasado 27 de Maio, a resolución referente á finalización da presente tempada. En canto aos diferentes equipos da SDC Galicia de Mugardos, finalizan a tempada no posto clasificatorio acadado na última xornada disputada previa á suspensión da competición pola COVID-19. Así pois, queda pechada a tempada 19-20 que nos deixa con tristura e cun sabor agridoce pola forma de resolverse e polas circunstancias excepcionais xa coñecidas por todos.