Comunicado Oficial 24/02/2021

 

COMUNICADO OFICIAL 24/02/2021

Estimados socios, socias e simpatizantes:

 

A Real Federación Galega de Fútbol vén de comunicarnos recentemente un novo plan competicional para a Preferente Galicia consistente nun formato exprés con ascensos pero sen descensos, do mesmo xeito que os equipos que decidan non participar non serán sancionados.

 

Dende a Xunta Directiva, despois dunha longa deliberación e tomando en consideración todos os condicionantes concernentes á actividade do clube, concluimos que non se dan as circunstancias que cremos necesarias para sair a competir.

 

Desexamos, de corazón, poder voltar a unha normal actividade do noso clube.

 

Un cordial saúdo,

A Directiva da S.D.C. Galicia de Mugardos.

 

Mugardos, 24 de febreiro de 2021