Nota de Prensa Referente á Tempada 20/21
NOTA DE PRENSA 03/09/2020
OS CLUBES FIRMANTES SOLICITAN INFORMACION SOBRE A SITUACION ACTUAL E FUTURA NA CATEGORIA PREFERENTE GALICIA – GRUPO 1º
A Coruña a 3 de Setembro de 2020. Os clubes firmantes da presente nota veñen a solicitar a Federación Galega de Fútbol e Administracións Públicas competentes, se lles informe sobre as condicións, prazos e protocolos nos que se pretende retomar a volta ós adestramentos e competición, no que a categoría Preferente Galicia – Grupo 1º se refire.
Somos conscientes da dificultade da situación sanitaria que estamos a atravesar e das condicións cambiantes que se producen e, por tanto, da complexidade da toma de decisións que elo conleva. Sen embargo, debemos salientar que nos atopamos a comezos de setembro e os clubes, a día de hoxe, non sabemos, nin tan sequera, se vamos a poder iniciar os adestramentos. Como directivos de cada entidade consideramos que, a estas alturas, debemos poder ter una certidume de cara a poder cerrar, tanto a planificación deportiva, como os orzamentos de cada clube. Esta situación, a día de hoxe, dista moito de ser a desexada. Xurdennos moitos interrogantes ós que non atopamos resposta:
- Se comezamos a adestrar, co conseguinte abono da mutualidade, e finalmente non hai competición ou esta se suspende por un rebrote, ¿vaise proceder a devolución do aboado? ¿Non sería máis equitativo un abono da mutualidade por meses en previsión de posibles paralizacións ou suspensións da tempada?
- ¿Poderanse desputar con público os partidos en caso de retomar a competición? En caso afirmativo, ¿será con ou sen limitación de aforo?
- ¿Qué sucederá se un equipo ou zona xeográfica se confina ou restrinxe a actividade deportiva ,¿paralízase a competición? ¿Aplázase a xornada? E se non é posible rematar a competición, ¿qué consecuencias deportivas terá?
- ¿Poderanse abrir o público os ambigús e cafeterías sitas nas instalacións deportivas? En caso afirmtativo, ¿en qué condicións?
- ¿Poderemos celebrar Torneos de Fútbol Base coa participación de equipos de outras zonas ou distintos concellos?
- ¿Cómo sería o uso de vestiarios en caso de reanudar a competición?
Todas estas preguntas só son una breve reseña das dúbidas que todos os clubes temos en mente, xa que existen outras moitas que non se citan por non ocupar liñas de forma innecesaria. A resposta que se de as mesmas é de suma importancia para a viabilidade dos clubes. Creo que parece evidente, salvo que se compense de alguna maneira, que se non se permite o acceso de público os campos, non se poderán obter ingresos como: socios, publicidades, sorteos, etc. Polo contrario os gastos seguen sendo os mesmos, (mutualidade, licencias, arbitraxe, etc.) ou, incluso, se poden incrementar, (adquisición de material de prevención para cumplir os protocolos).
Dito o anterior, tamén atopamos numerosas dúbidas no ámbito desta hipotética volta a actividade e a actuación que se ha de realizar ante posibles casos positivos ou, simplemente, no día a día de adestramentos e partidos. Necesitamos saber cómo se van conxugar as distintas limitacións de actividade existentes entre Concellos a día de hoxe. ¿Non sería inxusto e desvirtuaría a competición que en determinado Concello poidan adestrar en grupo de 25 deportistas e noutros tan só de 10? ¿Qué nuns concellos se permita o contacto e noutros non? Parece evidente que, en función das restriccións de cada zona, uns equipos van a poder sair máis beneficiados que outros.
Vistos os protocolos en outras circunscripcións territoriais e outros ámbitos distintos do deportivo, como pode ser o educativo por exemplo, parece que, en principio, cada clube vai a ter que nomear un RESPONSABLE COVID. Esta persoa, directivo na maioría dos casos, parece que será o responsable de velar porque se cumpra o protocolo sanitario que se estableza. É decir, terá que observar que se manteña distancia, uso de máscaras, limpeza e hixiene, uso de vestiarios, aseos etc, etc. A pregunta que a todos nos ven a mente é: Se algún deportista ou usuario da instalación deportiva incumple o protocolo e, hipotéticamente, con elo se produce un “brote”, ¿este RESPONSABLE COVID vai a estar incurso en calquera tipo de responsabilidade que se poida derivar?
Para finalizar, os firmantes solicitamos que se nos informe, por quen corresponda, da situación presente e futura e de como se prevee retomar a volta a actividade. Os prazos e condicións son de indudable importancia para a organización e planificación da tempada.
En A Coruña a 3 de Setembro de 2020.
Atlético Arteixo. Boimorto CF. Betanzos CF. SDC Galicia Mugardos.
Laracha CF. SD Sofán. Puebla CF. San Tirso SD.
SD Dubra. Sigüeiro CF. Noia CF. SD O Pino.
Victoria CF. CD Boiro.